SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Aproveitate do que che sobra"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2014

“Aproveitate do que che sobra” é unha campaña educativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, que se enmarca na oitava edición da serie educativa "Ti es a peza que falta", tendo por obxecto a redución da produción de desperdicios de alimentos.

E é que calcúlase que, aínda que con grandes variacións entre os Estados membros, cada cidadán comunitario arroxa ao lixo unha media de 179 quilos de alimentos. No caso do noso país, o desperdicio medio por fogar é de 1,3 quilos/semana (76 quilos/ano), o que equivale a máis de medio quilo de alimentos por persoa e semana. Isto tradúcese en 1,5 millóns de toneladas de alimentos que serían perfectamente válidos para o consumo.

Máis aló do impacto social, esta circunstancia ten un serio impacto sobre o medio ambiente, xerando 170 millóns de toneladas equivalentes de CO2 ao ano, ao que habería que engadir o malgaste económico, cuantificado nunha perda anual para cada español de 250 euros.

É por isto que a través do sitio web www.aproveitatedoquechesobra.es, e en sintonía coa Estratexia “Máis alimento, menos desperdicio” do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Consellería e Sogama proporcionan unha serie de recomendacións coas que contribuír á redución de refugallos.

A fin de motivar a participación nesta iniciativa, invítase aos internautas a que fagan chegar a Sogama a súa mellor receita gastronómica a partir de sobras de comida, recaendo o premio no autor daquela que se distinga pola súa orixinalidade e innovación e, moi especialmente, pola utilización da maior porcentaxe de ingredientes procedentes de sobras de alimentos.

O galardón consiste nunha fin de semana na Mariña lucense para dúas persoas, incluíndo dúas noites de hotel con almorzo, comida e cea, e dous días de clase de stand up surf e kitesurf.

Bases concurso

www.aproveitatedoquechesobra.es

Galería