SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

As bolsas de plástico, un serio problema medioambiental

Print this pagePrint this pagePrint this page

Os datos dispoñibles na actualidade destacan o consumo exaxerado de bolsas plásticas dun único uso, cunha media de 238 unidades por persoa cada ano, calculando que nin sequera a metade delas volven ser utilizadas, aínda que só sexa como bolsas de lixo, e só o 10% acaban no colector amarelo para ser recicladas. Cada bolsa chega a tardar séculos en desintegrarse, depositando na terra e nas augas todos os elementos contaminantes que proveñen do refinamento do petróleo empregado na súa fabricación, proceso no que tamén se consumen grandes cantidades de enerxía, xa que por cada unidade emítense arredor de catro gramos de CO2 na súa elaboración, contribuíndo ao efecto invernadoiro e ao cambio climático.Ademais, o feito de que nos últimos 20 anos o peso das bolsas se reducira ate un 75%, dificulta tamén a súa utilización como bolsas de lixo de uso doméstico, favorecendo que viaxen arrastradas polo vento a campos e fragas, onde poden tardar varios séculos en desaparecer.Noutros medios, como os ríos ou o mar, poden resistir ate 450 anos, provocando danos na fauna, estimando que ate 100.000 animais mariños (baleas, focas ou tartarugas), morren cada ano por inxerir plásticos, que confunden con alimento, mentres que moitas outras especies sofren serias ameazas por esta causa, xa que as bolsas plásticas acumuladas nos fondos mariños impiden o crecemento de algas que lles sirvan de sustento.A fin de atallar este problema, algúns países europeos prohiben a entrega gratuíta de bolsas nos establecementos comerciais, optando por cobralas en función do seu tamaño. Algo similar ocorre no noso país con determinadas cadeas de supermercado, que acoden a razóns económicas para disuadir da súa utilización, intentando por esta vía espertar a conciencia ecolóxica da poboación. Neste sentido, é preciso salientar que o novo Plan Nacional de Residuos ten como obxectivo que, para o ano 2015, se substitúan o 70% de bolsas plásticas por outras que permitan o seu reciclado, é dicir, que sexan biodegradables, como é o caso das elaboradas a partir de celulosa ou amidón de pataca, e que se descompoñen na súa maior parte en menos de 120 días.Sogama tamén quere contribuír a frear o consumo indiscriminado de bolsas plásticas, e por isto se involucrou en diversas campañas de concienciación e sensibilización. A modo de exemplo poderíamos citar:

  • Colaboración coa Asociación Lugo Centrum, que contemplou a distribución, entre a clientela dos más de 100 establecementos comerciais adscritos a esta Asociación da cidade de Lugo, de 15.000 bolsas cen por cen reutilizables e fabricadas a partir de polipropileno reciclado. A campaña leva por título “Esta bolsa está de moda. Porque es reutilizable y ayuda al medio ambiente”.
  • Visitas recibidas nas instalacións de Sogama: constitúen un dos públicos obxectivo, facéndolles entrega dunha bolsa de papel reciclado co lema “¡Reutilízame!”, intentando chamar a atención sobre a necesidade de utilizala tantas veces como sexa posible antes de convertila nun residuo. “Teño moita vida” é o slogan reflectido nas bolsas de tela corporativas, utilizadas en eventos institucionais.

Galería