



"Cada cousa no seu sitio", así se denomina o novo concurso de Sogama nas súas redes sociais de Facebook e Twitter (Por unha Galicia sostible, educación ambiental Sogama).
Con esta iniciativa, e dunha forma lúdica e entretida, a empresa pública pretende aportar o seu gran de area na instauración de hábitos de reciclaxe entre a poboación. Así,l entre o 25 de outubro e o 22 de decembro de 2017, a entidade, cunha periodicidad semanal, lanzará unha pregunta no seu Facebook e Twitter sobre o contedor de destino dun determinado residuo, obsequiando cun lote de produtos de merchandising corporativo ao primeiro internauta que responda correctamente á mesma.
Só poderán participar nesta promoción os maiores de 18 anos residentes en Galicia.
Bases concurso "Cada cousa no seu sitio"| Descargar
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 570.65 KB |