SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" 2014-2015

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2014

A terceira edición da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" estará en vigor durante o período 2014-2015. A incorporación de Ecovidrio é unha das principais novidades a destacar, compartindo protagonismo con Ecoembes e os sistemas integrados de xestión de pilas. A iniciativa segue a estar promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama. A aula móbil atendida por educadores ambientais tamén continúa circulando a pé de rúa polos municipios, do mesmo xeito que o fai o xogo xigante da reciclaxe, destinado aos máis pequenos. Prosiguen as actuacións nos centros de educación formal, aos que se sumarán os de educación non formal, desenvolvendo igualmente accións nos centros penitenciarios, asociacións de consumidores, amas de casa, hostaleiros, centros comerciais e eventos deportivos que conten con gran aforo. Prevense reunións con representantes municipais, para os que se editará unha guía didáctica sobre xestión de residuos, así como co profesorado, constituíndo dous dos públicos destinatarios de maior interese. Contémplanse igualmente visitas ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde os grupos poderán coñecer por si mesmos o labor desta infraestrutura industrial, así como o circuíto de xestión que seguen os residuos depositados polos cidadáns tanto no colector amarelo como no verde convencional.

Galería