SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Cando reciclamos, o mundo sorrí

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2011

A Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) reactiva a fórmula de negocio máis antiga: o trueque, e ademais cun loable fin medioambiental. E é que, co apoio de Sogama, materializa unha innovadora campaña coa que pretende diminuír o masivo consumo de bolsas plásticas non biodegradables, apostando pola reutilización. Para isto, os establecementos adheridos a esta organización regalan aos seus clientes unha bolsa de tea reutilizable, pero a cambio de que estes entreguen un mínimo de dez bolsas de plástico. Son os propios comerciantes os que se encarguen de depositar estas bolsas nos colectores amarelos de recollida selectiva, posibilitando o seu posterior reciclado. Ambas entidades pretenden levar a cabo unha tarefa de concienciación ambiental entre a cidadanía da provincia de Lugo, diminuíndo a produción de residuos, freando o excesivo uso de bolsas plásticas, icono dos hábitos de consumo de “usar e tirar”, e contribuíndo á reciclaxe e aos seus beneficios ambientais e económicos.

Galería