Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Coa comida non se xoga. Non tires alimentos!"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2017

Baixo o lema “Coa comida non se xoga, non tires alimentos!”, e no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos 2017, á que Sogama se adheriu, esta empresa pública levará a cabo unha serie de charlas e dinámicas (entre o 21 e o 24 de novembro) orientadas aos alumnos de Bacharelato das localidades de Arteixo, Laracha, Carballo e Ordes, na provincia da Coruña. A iniciativa, que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pretende informar, formar, concienciar e sensibilizar aos estudantes sobre a necesidade de diminuír as inxentes cantidades de comida que cada día acaban no cubo do lixo. Con esta campaña, Sogama busca a complicidade dos mozos para contribuír a reverter unha situación na que poden actuar como axentes de cambio, levando a cabo igualmente unha importante tarefa educativa e de sensibilización na súa contorna familiar e social máis inmediata. Cabe recordar que a Comisión Europea xa dou a voz de alerta, toda vez que o desperdicio alimentario ascende a 89 millóns de toneladas anuais, sendo o fogar, cun 42%, o que contribúe en maior medida a acrecentar un problema con graves consecuencias ambientais, económicas e sociais.

Excluido de listado: 

Galería