SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Código de boas prácticas ambientais en Nadal

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

Trátase dun pequeno manual dixital co que se pretende axudar á cidadanía, en relación á xestión dos residuos urbanos, a manter unha conduta responsable en Nadal desde a dimensión ambiental e económica. Introducido polo presidente de Sogama, Luis lamas, o decálogo chama a atención sobre a necesidade de reflexionar en torno á inxente cantidade de refugallos que producimos día a día, un problema que nos afecta a todos, recordando a necesidade de que a modificación de hábitos aos que nos obriga a crise económica se manteña no tempo unha vez superada, xa que só así se poderá garantir unha xestión sostible do lixo. Ademais de apostar por un consumo sensato, racional e responsable, o manual incide na necesidade de evitar os produtos de usar e tirar, e tamén os envases e envoltorios innecesarios, optando incluso por fabricar os nosos propios agasallos.

Galería