SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Congreso RECUWATT 2014

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2014

O Congreso RECUWATT 2014 aborda a súa terceira edición coa pretensión de seguir sendo un punto de referencia no ámbito da valorización enerxética de residuos. Terá lugar os días 16 e 17 de outubro no Tecnocampus da cidade catalá de Mataró, erixíndose como encontro profesional por excelencia no sur de Europa sobre recuperación enerxética a partir de residuos. O evento, organizado conxuntamente polo Consorcio para o Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos do Maresme e a Axencia de Residuos de Cataluña, pretende dar cobertura, cunha proxección nacional e internacional, ás cuestións de maior interese no sector. Así mesmo, porá de relevo as oportunidades de networking mediante o intercambio de experiencias para a xeración de sinerxías e áreas de negocio, apostando polo fomento das pemes, as novidades tecnolóxicas e os proxectos a nivel internacional, nos que se prestará especial atención aos países de América Latina. Adicionalmente, promoveuse un seminario/workshop internacional que se centrará nas tecnoloxías de vangarda para a xestión sostible de residuos e a súa potencial aplicación, tendo lugar en Mataró os días previos ao Congreso, é dicir, do 13 ao 15 de outubro, contemplándose igualmente visitas técnicas a instalacións de tratamento mecánico-biolóxico e valorización enerxética de última xeración.

Galería