SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Contigo, ata o fin"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

A Fundación Santiago Centro, o concello de Santiago de Compostela e Sogama rubricaron, en xullo de 2012, un convenio de colaboración a través do cal comprométense a sumar esforzos nun fronte común: a preservación do medio ambiente e a mellora do benestar e calidade de vida da veciñanza da cidade. E faranno loitando contra unha das principais ameazas, os residuos, e máis concretamente contra os efectos negativos que sobre o contorno ten a alta proliferación de bolsas plásticas non biodegradables dun só uso. É por isto que Santiago Centro, a través das aproximadamente 145 entidades adscritas á mesma, e que se atopan emprazadas na zona do Ensanche, procedeu ao reparto de 30.000 bolsas de papel reciclado, reutilizables e reciclables, bautizadas co lema “Contigo, ata o fin”. O obxectivo é que tanto os comerciantes como os consumidores abandonen o uso desmesurado das bolsas de plástico e aposten de cheo pola reutilización, un xesto que, sen dúbida, traerá consigo importantes beneficios ambientais, contribuíndo ao aforro de enerxía e de materias primas.

AnexoTamaño
PDF icon 4739_quotcontigo-ata-o-finquot.pdf10.15 MB

Galería