SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Corta polo san! Reduce residuos

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2019

Sogama participa, un ano máis, na Semana Europea da Prevención de Residuos, que nesta ocasión ten lugar entre o 16 e o 24 de novembro e céntrase específicamente na comunicación e a educación.

Faino coa súa iniciativa “Corta polo san! Reduce Residuos”, na que se inclúen actividades presenciais e online co obxectivo de seguir contribuíndo á formación dos cidadáns no consumo responsable e a menor xeración de refugallos en orixe.

Charlas veciñais, sesións en centros educativos e en colectivos sociais impartidas por educadores ao servizo desta empresa pública autonómica, compleméntanse con outros recursos tales como presentacións dinámicas con consellos, recomendacións e  boas prácticas para levar a cabo un consumo consciente e responsable, e reducir a produción de residuos en orixe.

Excluido de listado: 

Galería