SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Edúcaos na reciclaxe. Nas súas mans está o futuro de todos"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

Con motivo do Día Internacional da Reciclaxe, a celebrar o 17 de maio, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, leva a cabo unha ambiciosa campaña de concienciación social en seis cidades galegas co obxectivo de trasladar aos cidadáns a importancia da súa colaboración na correcta separación dos residuos en orixe e depósito dos mesmos nos distintos contedores de recollida selectiva. Con isto poderemos alcanzar entre todos importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.


Así, a través da aula da reciclaxe e baixo o lema “Edúcaos na reciclaxe. Nas súas mans está o futuro de todos”, o visitante poderá obter información sobre a xestión dos residuos e os tres R, e incluso poñer a proba os coñecementos adquiridos. Ademais, os pequenos terán a oportunidade de gozar dunha divertida xornada amenizada con xogos, obradoiros, cancións, contacontos e moitas actividades máis, sendo obsequiados con premios e sorpresas.


En horario de 16:00 a 21:00 horas, a aula da reciclaxe de Sogama está a disposición dos interesados en:


* Vigo, sábado 5 de maio, na rúa do Príncipe (Porta do Sol).


* Pontevedra, domingo 6 de maio, na Praza da Herrería.


* Ourense, xoves 10 de maio, na Alameda.


* Ferrol, venres 11 de maio, na Praza de España.


* Lugo, sábado 12 de maio, na Praza Anxo Fernández Gómez (detrás da Casa Consistorial).


* Santiago de Compostela, mércores 16 de maio, na Praza Roxa.

Galería