SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Espectáculo "Brincabolechas de Nadal"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

O espectáculo "Brincabolechas de Nadal" chega estes días, baixo o copatrocinio de Sogama, a oito localidades galegas para facer as delicias dos máis pequenos, que gozarán ao máximo dunhas merecidas vacacións amenizadas polos personaxes máis famosos da literatura infantil galega.

Os irmáns Carlos, Braulio, Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e Tatá, ademais do can Chispa, axudarán a explicar aos nenos por que o lixo representa na actualidade un serio problema ambiental e que podemos facer para xestionalo coa maior eficiencia posible.

Cancións, acrobacias, maxia, paiasos e un longo etcétera serán os ingredientes dunha gran festa na que os escolares poderán divertirse ao máximo, pero tamén aprender e interiorizar o papel que eles deben desempeñar para que a xestión sostible dos refugallos se converta nunha realidade.

Calendario:durante o mes de decembro, Os Brincabolechas viaxarán a Lugo (día 26- Auditorio Gustavo Freire), Vigo (día 27- Centro Cultural Novacaixagalicia), Santiago de Compostela (día 28- Centro Cultural Novacaixagalicia) e Pontevedra (día 29- Centro Cultural Novacaixagalicia). Xa en xaneiro visitarán Ourense (día 2- Auditorio municipal), Lalín (día 3- Auditorio municipal), Ferrol (día 4- Teatro Jofre) e Vilagarcía de Arousa (día 7- Auditorio municipal). Todas as funcións terán lugar ás 18:30 horas.

Para máis información www.servinova.com

Galería