SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"A miña mellor foto ambiental do verán 2014"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2014

A través desta campaña ínstase aos cidadáns galegos a remitir á entidade, en soporte dixigal, a súa instantánea ambiental máis destacable do verán 2014, debendo recrear na mesma calquera paraxe natural ou motivo ecolóxico vinculado á nosa comunidade. As candidaturas deben facerse efectivas a través da conta de correo electrónico cmc@sogama.es no período comprendido entre o 1 e o 30 de setembro de 2014. Todos os que se sumen a esta iniciativa poderán participar no sorteo dun curso de kitesurf para dúas persoas, incluíndo a correspondente comida, que se impartirá na localidade lucense de Barreiros por parte dunha empresa especializada na materia. Con esta promoción, Sogama pretende contribuír a xerar conciencia sobre a necesidade de protexer e conservar o prezado patrimonio natural, principal seña de identidade da nosa terra.


Bases da convocatoria


Acta resolución sorteo

Galería