SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O mar non é un vertedoiro

Print this pagePrint this page
Ano: 
2019

O lixo mariño está afogando aos océanos e calcúlase que cada ano entran nos mares entre 6,4 e 8 millóns de toneladas de residuos, das cales un 80% teñen a súa orixe na terra. O 20% restante corresponde a actividades pesqueiras tales como perda de aparellos.

O plástico é o material que lidera en maior medida este fenómeno. Tanto é así que, a día de hoxe, foron identificadas 5 illas de plásticos: 2 no Atlántico, 2 no Pacífico e 1 no Índico, ocupando en total 16 millóns de quilómetros cadrados ou, o que é o mesmo, 31 veces a superficie de España.

Os expertos veñen advertíndoo desde fai tempo: de continuar co insostible patrón de produción e consumo, no ano 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar.

Cando os residuos entran no océano inician unha longa viaxe facilitada polas correntes oceánicas e os ventos mariños e, ademais, non o fan sos. Durante o traxecto transportan organismos dun lugar a outro que, en moitas ocasións, convértense en invasores. Tamén poden fragmentarse e degradarse pola acción biolóxica, física e química, dando lugar aos coñecidos “microplásticos” (con tamaño menor a 5mm).

No pdf que podes descargar a continuación proporcionámosche unha visión xenérica desta problemática e as solucións nas que se está traballando. 

AnexoTamaño
PDF icon Día Mundial dos Océanos_Gal.pdf13.34 MB
Excluido de listado: 

Galería