



A Asociación Cultural Xaquedrum, coa colaboración de Sogama e outras entidades públicas e privadas, organizou un xadrez vivinte fabricado con material reciclado que se estrenou a mediados de outubro no colexio Cervantes de Lugo, contando coa asistencia do presidente desta entidade pública, Luis Lamas.
Alumnos de 2º e 3º curso de primaria foron os encargados de desenvolver as distintas partidas asumindo o rol de pezas de xadrez. O resto dos estudantes do centro participaron nun pequeno concurso onde se poñía a proba a axeitada separación de residuos e o seu depósito nos correspondentes contedores de recollida selectiva.
Aproveitando a xornada, os pequenos tamén recibiron información sobre a campaña de concienciación social “Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.