SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Pequenos grandes xestos, por un futuro sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2013

O concello de Vedra (A Coruña), coa colaboración de Sogama, puxo en marcha unha campaña educativa bautizada co lema "Pequenos grandes xestos, por un futuro sostible" na que se contempla a extensión do programa de compostaxe doméstica a novas vivendas, a dotación de contedores de recollida selectiva para as escolas e a subministración de minicontedores de pilas, e todo isto coa pretensión de levar a cabo a aplicación efectiva, conforme á normativa vixente, do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), incrementando as taxas de recuperación e reciclado de residuos.
Cartelería, folletos, xogos educativos e visitas a Sogama por parte de determinados colectivos sociais, constitúen actividades complementarias coas que se nutrirá esta iniciativa.

Galería