Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Programa de compostaxe doméstica

Print this pagePrint this page
Ano: 
2014

A compostaxe doméstica non é outra cousa que a reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

Dado que na composición media do lixo preto do 50% está conformado por restos orgánicos, con esta técnica, ademais da obtención de compós, conséguense importantes beneficios ambientais e económicos, xa que os concellos poderán ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra. Asemade, trae consigo interesantes vantaxes sociais, xa que a poboación rural, cunha elevada taxa de envellecemento, non terá que depositar a diario os seus residuos nos colectores xenéricos, emprazados en moitos casos a grande distancia das vivendas.

 

EXPERIENCIA NA MARIÑA LUCENSE

Púxose en marcha baixo a coordinación de Sogama en febreiro do ano 2010, nas localidades de Barreiros, Alfoz, Trabada, Lourenzá e Cervo, incorporando un total de 200 fogares. Logo da distribución dos correspondentes compostadores e da realización de cursos de formación e labores de seguimento “porta a porta”, a finais dese ano a Universidade de Santiago de Compostela analizouse o compós obtido, corroborando a súa alta calidade.

 

RELACIÓN DE CONCELLOS ADHERIDOS AO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DE SOGAMA

http://compostaconsogama.gal/sites/default/files/mapaconcellos.pdf  

Galería