SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Proxecto piloto "Illas de reciclaxe escolares"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

Durante o curso académico 2011-2012, Sogama implanta un proxecto piloto, bautizado co nome “Illas de reciclaxe escolares” en dez colexios galegos. O obxectivo é que a comunidade educativa poida poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos en torno á axeitada separación de residuos en orixe. Para isto dotáronse a estes centros de tres contedores ecolóxicos, fabricados a partir de caña de azucre, con capacidade para 120 litros, nos que depositar os envases de plástico, latas e briks (amarelo), o papel e cartón (azul), e os restos non reciclables (verde xenérico).

Así mesmo, tamén se lles subministrou lotes de bolsas de cores para que alumnos e profesores leven a cabo a segregación de refugallos no transcurso das propias clases, encargándose logo do seu depósito nas illas de reciclaxe.

Ademais, as escolas que contan con servizo de comedor, dispoñen dun composteiro no que transforman a materia orgánica xerada nun abono de alta calidade a aplicar como fertilizante natural nas súas propias hortas e xardíns.

Cada centro designou aos docentes-coordinadores desta experiencia, que en todo caso se encargan de achegar os coñecementos e material divulgativo ao resto de compañeiros, alumnado e personal auxiliar. Para reforzar esta tarefa, Sogama leva a cabo distintas actividades didácticas, como é o caso do trivial xigante dos residuos, facilitando que os pequenos aprendan e interioricen a información recibida dunha forma lúdica e divertida.

Os centros que participan nesta experiencia son os seguintes:

-Colexio “Cristo Rey”-Ferrol (A Coruña).
-Colexio “San Xoán de Filgueira”-Ferrol (A Coruña).
-Colexio “Emilio Navasqüés”-Outes (A Coruña).
-Colexio “Areouta”-Fisterra (A Coruña).
-Efa Fonteboa-Coristanco (A Coruña)
-Colexio “O Salvador”- A Pastoriza (Lugo).
-Colexio “Cervantes”-Lugo
-Colexio “As Covas”-Meaño (Pontevedra).
-Colexio “Oca”- A Estrada (Pontevedra).
-Colegio “Vila do Arenteiro”-O Carballiño (Ourense).

Galería