SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Rebaixa a túa pegada ecolóxica

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2020

Unha magnífica forma de empezar esta nova década é rebaixando a nosa pegada ecolóxica para contribuír a un medio ambiente limpo e saudable. Aquí deixamos 20 consellos para un 2020 redondo e circular:

  1. Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata de comprar por comprar, senón de adquirir aquelo que necesitamos, pero a un prezo máis asequible.
  2. Realmente precisas ese obxecto ou esa prenda coa que te encaprichaches?
  3. Non acumules aquelo que sabes que non vas a utilizar. Seguro que outras persoas sacaranlle proveito.
  4. Aforra auga. A ducha, non máis de 5 minutos, tempo equivalente ao gasto de 100 litros do líquido elemento. Utiliza redutores do consumo de auga en duchas, inodoros, billas e aproveita a de cociñar para regar as plantas.
  5. Aforra en enerxía. Utiliza lámpadas de baixo consumo e apaga as luces cando non as esteas usando.
  6. Desenchufa os cargadores e non deixes os electrodomésticos en ‘stand by’ xa que seguen utilizando electricidade se están conectados.
  7. Temperatura equilibrada. O termóstato, no seu sitio. Ollo coa calefacción (non máis de 25ºC  en inverno) e co aire acondicionado (non menos de 23ºC en verán).
  8. Aparca a preguiza. Ponte en marcha: camiña ou pedalea e, cando isto non sexa posible, utiliza o transporte público.
  9. Reduce o uso do coche particular e compárteo con outras persoas para diminuír emisións de CO2.
  10. Prioriza a adquisición de artigos producidos baixo criterios ecolóxicos e sociais, así como os comercializados a granel e leva a túa propia bolsa ao mercado.
  11. Compra produtos locais e de tempada. Contribuirás a diminuír as emisións de CO2, coa particularidade de que os alimentos gañan en sabor, xa que se recollen cando se atopan no seu punto óptimo de maduración.
  12.  Minora o consumo de alimentos procesados. Requiren grandes cantidades de auga e de enerxía na súa elaboración e, por se isto fose pouco, resultan menos saudables.
  13. Evita os pratos precociñados e prepara as túas propias comidas. Reducirás o consumo de recursos.
  14.  Non desperdicies alimentos. Malgastar comida ten graves consecuencias ambientais, económicas e sociais, ademais de resultar inmoral
  15.  Rexeita a embalaxe excesiva. Evita os envases plásticos e procura que a embalaxe sexa reciclado e reciclable.
  16. O usar e tirar tense que acabar. Evita pratos, vasos e cubertos de plástico. Ten a man a túa propia botella de cristal ou termo para beber auga.
  17.  Di non ás palliñas de plástico. Tardan centos de anos en desaparecer. Existen alternativas: palliñas de papel e ata elaboradas con materiais comestibles.
  18.  Cumpre cada día cos tres mandamentos da xestión sostible dos residuos: Reduce, Reutiliza e Recicla.
  19.  Pensa en circular. Saca a máxima rentabilidade aos produtos. Protexerás a contorna e aforrarás diñeiro.
  20. Toma conciencia. Mentalízate de que toda acción que realizas ten unha consecuencia.
Excluido de listado: 

Galería