SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Recíclate con Sogama"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2011

"Recíclate con Sogama" é un programa integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (Resolución publicada no DOG do 31 de agosto de 2012 http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta) que se centra no fomento da recollida selectiva de lixo a través de illas de reciclaxe escolares que esta empresa pública facilitará aos centros participantes.O profesorado contará con formación inicial nas dependencias de Sogama en Cerceda (A Coruña), con recursos didácticos en soporte dixital e con material divulgativo de apoio para a creación dun proxecto interdisciplinar e cooperativo centrado na actividade diaria de separación do lixo por parte do alumnado participante. Este proxecto pode incluír a realización de actividades educativas diversas como o xogo dos residuos de Sogama, obradoiros de reutilización e reciclaxe, creación dun blog medioambiental, desenvolvemento dunha campaña publicitaria para fomentar a reciclaxe en calquera soporte multimedia etc., dirixidas sempre a fomentar o traballo en grupo e a colaboración entre o alumnado así como a autonomía, o espírito crítico, a autonomía persoal e a conciencia medioambiental e de desenvolvemento sostible dos recursos.O mellor dos 16 proxectos do curso 2012/2013 será premiado tras comprobar a calidade das actividades realizadas no proxecto e a eficacia na recollida selectiva feita durante o ano.


* Alumnado ao que vai dirixido: Infantil e primaria


* Temporización: Anual


* Número de centros participantes: 16


Os centros teñen de prazo para facer a súa solicitude ata o 1 de outubro de 2012 http://www.edu.xunta.es/planproxecta .


Para máis información sobre o plan, www.edu.xunta.es/web/planproxecta.  


Convocatoria premios Recíclate con Sogama

Galería