SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recíclate con Sogama 2014-2015

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2014

"Recíclate con Sogama" é un programa educativo integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que se centra no fomento da recollida selectiva de lixo a través de illas de reciclaxe escolares que esta empresa pública facilita aos centros participantes. Cada illa está conformada por tres contedores de 120 litros de capacidade: amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os de cartón e papel; e verde convencional, para a fracción resto. Os centros que dispoñeen de servizo de comedor escolar tamén son dotados cun composteiro a fin de que poidan obter un abono natural a partir da materia orgánica xerada e fertilizar con este as súas hortas e xardíns. A iniciativa contempla diversos recursos didácticos de apoio aos docentes para que estes desenvolvan proxectos interdisciplinares e cooperativos centrados na actividade diaria de separación do lixo por parte do alumnado participante. Neste curso participan no programa un total de 13 centros escolares de Educación Secundaria Para máis información, http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta

Galería