SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Reduce. Ti tes a chave" www.reducetitesachave.com

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2011

Baixo o eslogan “Reduce, ti tes a chave”, Sogama e a Consellería de Medio Ambiente lanzaron conxuntamente unha campaña educativa dirixida a concienciar á poboación en torno á menor produción de refugallos como primeiro paso para levar a cabo unha xestión sostible dos mesmos. Con tal motivo, habilitóuse unha páxina web específica www.reducetitesachave.com, onde a cidadanía galega pode consultar toda a información relativa ás boas prácticas ambientais en materia de residuos. O obxectivo non é outro que o de cambiar o actual modelo de desenvolvemento, condicionado pola máxima de “usar e tirar”, e apostar por un consumo responsable que teña en conta o ciclo de vida dos produtos. A fin de incentivar a participación da poboación, invitouse aos internautas a que compartiran as súas mellores ideas en torno á redución de desperdicios, procedéndose ao sorteo dun ordenador portátil entre os autores das dez máis votadas a través da rede. A campaña chegou á súa fin o 16 de xaneiro de 2012.

Galería