SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

REinventa as túas vacacións de verán

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2020

Deixamos atrás meses moi duros e abordamos un verán que, probablemente, será diferente para moitos de nós, pero non por iso menos motivador e menos ilusionante.

Gocemos dos tesouros naturais da nosa terra, Galicia, saboreemos a súa gastronomía e aproveitemos os días de asueto para estar cos nosos. Iso si, non baixemos a garda, nin  no plano sanitario nin no medioambiental.

1.- Respecta as recomendacións e normas ditadas polas autoridades en cada momento.

2.- Consome de forma responsable e valora a necesidade das túas compras.

3.- Un picnic no campo? Estupendo, pero sen deixar rastro. Mellor con pratos e cubertos reutilizables. Descarta os plásticos de usar e tirar.

4.- Mantén firme o compromiso coa reciclaxe. Separa os residuos en orixe e introduce cada material no contedor correspondente para que poida ser convertido nun novo recurso.

5.- Recorda: os envases de plástico, as latas e os briks, ao contedor amarelo; os envases de vidro, ao iglú verde; o papel e cartón, ao azul; e a fracción resto, ao contedor verde xenérico.

6.- Que na praia ou a montaña non hai papeleiras nin contedores? Gardemos nunha bolsa os nosos refugallos ata que atopemos o lugar axeitado no que depositalos.

7.- Nada ao chan. Colabora para manter as rúas limpas, por respecto ao persoal de limpeza, ao resto dos transeúntes e, por suposto, ao medio ambiente.

8.- Ollo cos novos residuos: máscaras e luvas desbotables. O seu contedor é o verde convencional, non o amarelo nin calquera outro de recollia selectiva.

9.- Móvete: camiña, corre, desprázate en bicicleta ou practica o teu deporte favorito.

10.- Prioriza o transporte público en detrimento do privado. Contribuirás a aforrar emisións de CO2 á atmosfera.

11.- Come san e saudable. Mellor produtos locais e de tempada. En definitiva, do noso. Evita o desperdicio alimentario. Tirar comida ao lixo ten negativas consecuencias para a contorna e a túa economía, ademais de ser un xesto inmoral.

12.-Evita os artigos sobreenvasados e rexeita as bolsas plásticas dun só uso. Leva sempre contigo a túa bolsa reutilizable.

13.-Aproveita para facer turismo de interior e contribuír á economía da nosa comunidade e país. Temos unha gran riqueza monumental e paisaxística, e moitos recunchos por descubrir.

14.- Que non decaia o espírito solidario, tanto cos demais como coa contorna. Será o teu mellor legado.

Feliz verán!

AnexoTamaño
PDF icon REinventate GAL.pdf2.85 MB
Excluido de listado: 

Galería