SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Segundas oportunidades sempre foron boas. Reacciona!!

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2013

A campaña, articulada a través do sitio web http://www.reaccionacontraosresiduos.com e enmarcada no Día Internacional da Reciclaxe, diríxese ao conxunto da cidadanía, permitindo ao internauta coñecer con maior precisión os pormenores da xestión dos residuos urbanos e o labor de Sogama.


O consumo responsable, a prevención e a redución de residuos, así como a reutilización e a reciclaxe constitúen os principais elementos dunha iniciativa coa que se pretende trasladar a necesidade de visualizar o lixo como un recurso de valor.


Os que así o desexen poderán participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Pambre, en Palas de Rei (Lugo). Para isto, e dacordo coas bases do concurso, só teñen que acertar 8 das 10 preguntas incluídas nunha proba de avaliación de coñecementos en liña. O concurso estará aberto desde mañá, 11 de maio, ata o próximo 19 de xullo.


Ademais, e co ánimo de recabar as opinións da poboación, a entidade habilitou neste portal web un apartado no que os que os interesados poderán deixar constancia do seu parecer en torno á xestión e tratamento de residuos en xeral, e o cometido de Sogama en particular.


Acta resolución concurso


 

Galería