SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Separemos ben. Reciclaremos mellor"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Sistema Integrado de Xestión Ecoembes promoven conxuntamente unha campaña de concienciación social que, baixo o lema “Separemos ben. Reciclaremos mellor”, pretende contribuir a incrementar os niveis de reciclado en Galicia, posibilitando así a recuperación dunha boa parte dos residuos. Arrancou o 18 de setembro e materializarase en 66 concellos con porcentaxe de impropios no contedor amarelos situada entre o 31 e o 40 por cento. A través dunha carpa dotada con diverso material didáctico e divulgativo, varios equipos de monitores especializados encárganse de informar, formar e sensibilizar aos cidadáns sobre a súa necesaria colaboración na xestión sostible dos refugallos, adoptando para isto prácticas vinculadas aos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe). A poboación en xeral, e os centros escolares en particular, son os receptores desta iniciativa educativa, que conta con actividades específicas adaptadas aos distintos tramos de idade.

Galería