SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Simposio Internacional sobre Medio Ambiente e Saúde

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2015

Baixo a coordinación de Federico Mayor Zaragoza, Exdirector Xeral da Unesco, Presidente do Consello Científico da Fundación Ramón Areces e Presidente da Fundación Cultural de Paz, en Madrid; e Francisco Peña Castiñeira, Fundador do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2016, celebrarase en Santiago de Compostela os días 28 e 29 do presente mes de outubro.

O principal obxectivo deste evento é dar a coñecer a situación actual do medio ambiente, así como o papel que administracións, empresas e cidadáns desempeñan na súa protección e mellora, abordando para isto algúns dos problemas ecolóxicos cualificados como prioritarios a día de hoxe e analizando a súa repercusión na saúde pública.

Unha das tres mesas redondas contempladas no programa científico, e que se centrará nas cidades saudables e sostibles, estará moderada polo presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, poñendo de relevo o importante papel a desempeñar polo transporte ecolóxico, o aire limpo e a loita contra o cambio climático.

Para máis información, www.medioambienteysalud.com

Galería