SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Ti es a peza que falta. "Aínda non coñeces Sogama? Recíclate e colabora"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

Baixo o lema ““Aínda non coñeces Sogama? Recíclate e colabora”, Sogama materializa, durante o curso académico 2011-2012, a sexta edición da campaña educativa “Ti es a peza que falta”, orientándoa ao alumnado de secundaria.

A través de diverso material didáctico e divulgativo, incluíndo o sitio web www.coñecesogama.com, a Sociedade expón aos mozos e mozas a súa actividade industrial, cuxo obxectivo non é outro que o de poñer en valor o residuo, ben propiciando a súa reciclaxe ou ben, no caso dos non reciclables, posibilitando a súa transformación en enerxía eléctrica, e todo isto desde o escrupuloso cumprimento da normativa vixente e desde o máis absoluto respecto medioambiental.

En www.coñecesogama.com inclúese unha avaliación de coñecementos na que poderán participar todos os escolares que cursen en Galicia estudos de ESO, FP e Bacharelato. Os que acerten a metade das preguntas formuladas, teñen a oportunidades de participar no sorteo dun Ipad. A promoción finaliza o 21 de maio de 2012.

Galería