Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Ti es a peza que falta. Convírtete nun superheroe da reciclaxe

Print this pagePrint this page
Ano: 
2010

A través desta iniciativa, que Sogama, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, dirixe a todos os escolares que cursan os seus estudos nos centros galegos de primaria, preténdese promover a separación dos residuos en orixe e, por tanto, a activa colaboración no sistema de recollida selectiva. A través do slogan “Convírtete nun superheroe da reciclaxe”, ínstase aos nenos e nenas a realizar ese pequeno esforzo que supón a clasificación dos desperdicios para que se convertan en novos produtos, involucrándoos asemade na tarefa de concienciación cidadá no seu contorno máis inmediato (familia, amigos, compañeiros, etc).

Os interesados poden acceder á información desta campaña a través da páxina www.tiesapezaquefalta.com, na que os pequenos terán a oportunidade de participar no sorteo de 1.200 alfombriñas ecolóxicas (fabricadas con materiais biodegradables e reciclados) para o rato do ordenador. Tan só teñen que responder correctamente a 4 das 5 preguntas incluídas nun breve formulario sobre a segregación de residuos en orixe, dispoñendo de prazo ate o 29 de abril do 2011.

Galería