SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Ti es a peza que falta. Reducir + Separar = Aforrar

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2009

Baixo este lema, a Sociedade Galega do Medio Ambiente lanza unha campaña de concienciación e sensibilización social centrada na necesidade de reducir a produción de residuos en orixe, recordando a importancia da estratexia dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe). Os destinatarios desta iniciativa son os 121.457 alumnos/as de primaria que cursan os seus estudos nos 901 centros educativos de Galicia.

A fin de motivar a participación dos escolares, ínstaselles a que cumprimenten o cupón adxunto no díptico e remitan a Sogama, por correo postal ou correo electrónico, e antes do 12 de marzo do 2010, as súas propostas para a minimización da produción de lixo en orixe. Os autores das mellores ideas recibirán un premio.

Galería