SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Unha + Unha, porque xuntas reciclamos"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2013

A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo distribúe, entre os establecementos adheridos, 10.000 bolsas de papel reciclado cedidas por Sogama; unha actuación que se enmarca no acordo de colaboración formalizado o 31 de xullo polos representantes de ambas entidades: Beatriz Varela e Luís Lamas.

Baixo o lema “Unha + Unha, porque xuntas reciclamos”, e que conforma a serigrafía das bolsas a repartir, as dúas organizacións pretenden deixar constancia do seu compromiso coa preservación do contorno natural, pero tamén coa importante achega que a muller pode facer no ámbito medioambiental e no actual escenario de crise económica.

A distribución de bolsas reutilizables de papel reciclado obedece á necesidade de que a clientela dos establecementos asociados a Mulleres Empresarias poida poñer freo ao desmesurado consumo de bolsas plásticas non biodegradables, con graves consecuencias ecolóxicas, procedendo á súa substitución por bolsas de papel reciclado, con notables beneficios para a integridade e preservación do medio ambiente.

Así, a asociación lucense constitúe un claro exemplo das políticas que pretende instaurar a Comisión Europea e nas que cobran protagonismo os dous principios transversais que deben rexer as mesmas: o medio ambiente e a igualdade de oportunidades.

Galería