SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

"Xaque mate aos residuos"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2012

Este é o lema co que a Asociación Cultural Xaquedrum de Lugo e Sogama pretenden potenciar o xadrez como ferramenta educativa na formación integral das persoas, incluíndo a dimensión medioambiental. É por isto que distintos programas promovidos por Xaquedrum, nos que participan centos de usuarios, teñen en conta en gran medida a transmisión de valores tales como a solidariedade co contorno e a protección do medio natural. O xadrez pode xogar un importante papel na concienciación da poboación en torno á axeitada xestión dos refugallos, toda vez que a súa práctica estimula o desenvolvemento de capacidades tales como a responsabilidade, o pensamento crítico, a autodisciplina, o respecto polas regras e a cooperación.

Galería