SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Xogo xigante de Sogama: "Un partido polo planeta"

Print this pagePrint this pagePrint this page
Ano: 
2015

Orientado aos escolares de Educación Primaria, a pretensión é que, a través do mesmo, estes tomen conciencia da importancia que ten a protección da contorna para gozar dun maior benestar e calidade de vida, ademais de deixar un mellor legado a xeracións futuras. O proxecto aposta por difundir a problemática que entraña a alta produción de lixo nas sociedades modernas e a importancia que ten a correcta separación dos refugallos para propiciar o seu posterior reciclado. Así mesmo, prima a interiorización de valores tales como a diversión, o compañeirismo, a complicidade, a empatía, a competitividade, entendida como o afán de superación, a convivencia, o respecto e a solidariedade. En formato xigante, o xogo estrutúrase en pezas ecolóxicas, resistentes e lixeiras, fácilmente montables e transportables, e está pensado para que poida desenvolverse en múltiples espazos. A fin de completar o itinerario, os xogadores deberán superar unha serie de probas de coñecementos, habilidades e talento. Gañará o equipo que antes chegue á meta.

Galería