Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Accionistas

Print this pagePrint this pagePrint this page

Accionariado:
Empresa mixta participada no 51% pola Administración Autonómica (Xunta de Galicia) e no 49% polo Socio Tecnolóxico (Naturgy Renovables, S.L.U).

Inscrición no Rexistro Mercantil:

Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 1218 do arquivo, Sección Xeral, folio 207, folla nº C-7629.

Plantas de Transferencia:
37 Plantas de Transferencia localizadas en distintos puntos do territorio galego, das que:

  • 20 están baixo a titularidade de Sogama: 6 na provincia da Coruña (Corcubión, Boiro, Narón, Santa Comba, Santiago de Compostela e Ortigueira); 7 na de Lugo (Lugo, Sarria, Monforte, Chantada, Barreiros, Becerreá e Viveiro); 5 na provincia de Pontevedra (Vigo, O Porriño, Ribadumia, O Rosal e Silleda); e 2 na de Ourense (San Cibrao das Viñas e A Rúa).
  • 5 foron construídas no seu momento pola Xunta de Galicia e están xestionadas polos propios concellos. É o caso de A Lama e A Cañiza, na provincia de Pontevedra; Riotorto, na de Lugo; e Ponteceso e Curtis, na da Coruña.
  • 1 Planta de Transferencia que xestiona a Mancomunidade do Morrazo, na provincia de Pontevedra.
  • 11 Microplantas construídas pola Deputación de Ourense e que dan servizo aos concellos da provincia.

Complexo Medioambiental de Cerceda:

  • Superficie total: 65 hectáreas
  • Capacidade nominal de tratamento: 500.000-550.000 toneladas/ano
  • Potencia instalada: 50 MW Planta Termoeléctrica e 22 MW Planta de Coxeración
  • Capacidade de produción de enerxía eléctrica: 470 Millóns de KWh anuais
  • Principais instalacións que integran o Complexo:
    • Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS)
    • Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE)
    • Planta de Coxeración (PCOG)
    • Planta Termoeléctrica (PTE)

Vertedoiro controlado de Areosa (Cerceda):

  • Complementa a actividade do Complexo Medioambiental, xa que o Complexo non dispón de capacidade suficiente para xestionar os refugallos que a Sociedade recibe anualmente (máis de 800.000 toneladas).
  • Conta cunha superficie de 47 hectáreas.
  • Principais instalacións:
    • Planta de Biogás, con capacidade de produción de enerxía eléctrica: 13 Millóns de KWh anuais

Empregos directos creados: en torno a 500

Bolsa amarela (envases lixeiros):

  • Concellos implantados: 285

Bolsa negra (fracción resto):

  • Concellos adheridos: 295

Poboación incorporada ao modelo Sogama: 2.242.139 habitantes