Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Actividade

Print this pagePrint this page

A xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego constitúe a principal actividade de Sogama. Non obstante, no seu afán de contribuír ao desenvolvemento sostible da nosa Comunidade, esta entidade coopera tamén naquelas accións orientadas cara á protección, conservación e coidado do medio ambiente no seu conxunto, así como ao benestar e mellora da calidade de vida da poboación.

Seguindo as directrices da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e, de acordo co seu obxecto social, a Sociedade ten como función a de prestar o mellor servizo público aos concellos, apostando, no marco da normativa europea e do Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020, pola aplicación prioritaria da estratexia dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), que complementa coa Recuperación enerxética da fracción non reciclable, e todo isto nun marco de economía circular.

En consecuencia, a súa xestión non se limita ao ámbito industrial, prestando igualmente especial atención a outras áreas tales como:

  • A concienciación e a divulgación ambiental, a través de campañas educativas en torno ás boas prácticas na prevención e menor produción de residuos en orixe, o consumo responsable, o maior aproveitamento dos produtos e a recollida selectiva.
  • Promoción da compostaxe doméstica naquelas contornas rurais que reúnan os requisitos, facilitando con isto a reciclaxe da materia orgánica en orixe, o que derivará en importantes beneficios ambientais, económicos e sociais para os entes locais.
  • Firme aposta polo I+D+i, participando en proxectos de innovación tecnolóxica ambiental cos que pretende sumarse ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico de Galicia.
  • Fomento do transporte sostible para os residuos urbanos, apostando polo ferrocarril, un medio máis eficiente, fiable e respectuoso co medio ambiente. De feito, a día de hoxe logrou que o 45% dos residuos que xestiona no Complexo Medioambiental de Cerceda se trasladen por tren, confiando en chegar ao 55% no ano 2018.
  • Colaboración coas Universidades galegas a través da docencia en masters e cursos específicos de posgrao vinculados ao medio ambiente, acollendo  a estudantes en prácticas para complementar a súa formación académica, ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.