SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Ampliación do complexo medioambiental

Print this pagePrint this page

Sogama atópase inmersa na ampliación do seu complexo medioambiental de Cerceda. Con esta iniciativa, na que a empresa investirá 29 millóns de euros procedentes de fondos propios, incrementará a súa capacidade de tratamento nun 81%, pasando de 550.000 toneladas anuais a 1 millón. Isto quere dicir que, no seu momento, a entidade pública estará en condicións de tratar, de forma óptima, todos os residuos domésticos producidos en Galicia.

As obras de ampliación contemplan, por unha banda, a construción dunha nova planta de última xeración para a recuperación dos envases contidos no lixo en masa (polietileno de alta densidade e de baixa densidade, pet, plástico mixto, papel/cartón, etc) e, por outro, a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, onde ata agora xa se veu segregando o vidro, o aceiro e o aluminio.

Con esta mellora, Sogama multiplicará por catro a súa achega á reciclaxe e diminuirá o vertido a cifras testemuñais, depositando no vertedoiro de Areosa, única e exclusivamente, aquela fracción dos residuos que non se poida reciclar nin valorizar material ou enerxeticamente.

Máxima recuperación e mínimo vertido constitúen os principais atributos dun plan que culminará a principios do ano 2019, momento no que Sogama, non só consolidará o seu liderado en España, senón que se converterá nunha das infraestruturas da súa modalidade máis grandes e eficientes de Europa e do mundo.