Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Bolsa amarela

Print this pagePrint this pagePrint this page

A recollida selectiva da bolsa amarela implantouse en Galicia logo da entrada en vigor, no 1997, da Lei de Envases e Residuos de Envases, materializándose a través dunha experiencia piloto que se estendeu dende xullo do 1998 ate outubro do 1999, na que finalmente participaron un total de 29 municipios, e que permitiu obter información sobre os hábitos da poboación, así como sobre as características e composición dos residuos xerados, fixando desta forma os medios e custes relativos á implantación dunha recollida destas características.

En novembro do1999 asinouse un Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes co fin de impulsar o desenvolvemento dun programa integral de recollida e recuperación de envases usados e residuos de envases no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Neste Convenio atribúese a Sogama a función de entidade xestora do mesmo, levando a cabo nas súas instalacións os labores de clasificación da bolsa amarela (envases de plástico, latas e bricks).

O 21 de febreiro do 2011, a Xunta de Galicia e Ecoembes formalizaron un novo acordo a través do cal se aspira a reducir o número de impropios introducidos nos colectores amarelos, reducíndoos dende el 32% actual ate o 25%. O devandito convenio permanecerá en vigor ate o 2015 e contará cun investimento de 85 millóns de euros.

Unha vez efectuada a recollida  deste material (bolsa amarela) por parte dos servizos municipais ou empresa específica na que os entes locais deleguen esta tarefa, é transportado á planta de transferencia máis próxima e de aí viaxa, en contedores especiais de grande capacidade á Planta de Clasificación de Sogama, situada no Complexo Medioambiental de Cerceda, onde se efectúa a separación mecánica dos distintos materiais, que se prensan e embalan por separado, remitíndoos posteriormente á industria recicladora para ser convertidos en novas materias primas.

Neste escenario é preciso ter en conta que a colaboración cidadá constitúe a peza clave para lograr que o sistema de recollida selectiva sexa exitoso, toda vez que a viabilidade da reciclaxe e, xa que logo, os beneficios derivados da mesma, tanto a nivel medioambiental como económico e social, dependen fundamentalmente dunha axeitada separación en orixe.

E é que a reciclaxe permite un gran aforro enerxético e de materias primas, ademais dun considerable aforro económico para as arcas locais, xa que canto maior sexa a cantidade e calidade do material desviado aos centros recicladores, maiores serán os ingresos percibidos polos concellos a través do Sistema Integrado de Xestión Ecoembes, á vez que se propicia a diminución da cantidade de residuos a depositar no contedor xenérico, reducindo o importe da factura que os entes locais deben pagar a Sogama.

Contedor amarelo

  • Botellas de plástico que contiveran alimentos (aceite vexetal, refrescos, auga, leite, salsas, ...)
  • Botes de plástico de produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, champú, xabón líquido, lavalouzas, limpadores do fogar, suavizante, ...)
  • Latas de conservas e de refrescos 
  • Bricks de leite, viño, zumes,...
  • Bandexas de porexpán ou cortiza branca
  • Redeciñas de envoltorio de froitas, tubérculos ou verduras
  • Plástico film (plástico de cociña para envolver)
  • Bolsas de plástico
  • Envases plásticos de aperitivos e bolos industriais

E en xeral, todos os envases de plástico, latas e briks que leven impreso o punto verde.

AnexoTamaño
PDF icon O camiño da bolsa amarela [pdf]1.35 MB