Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Bolsa negra

Print this pagePrint this pagePrint this page

Das fraccións obtidas trala recollida selectiva dos residuos urbanos, a “bolsa negra” é a que contén os residuos que non poden ser reciclados por outras vías, o que se coñecen como "fracción resto" e que son susceptibles de ser valorizados enerxeticamente como opción preferible ao seu vertido.

Contedor xenérico

  • Restos orgánicos
  • Cueiros, compresas
  • Papel e cartón con manchas de graxa
  • Lámpadas
  • Espellos
  • Louza rota
  • Cintas de vídeo e de son
  • Disquetes e CDs
  • Bolígrafos
  • Xoguetes de plástico
  • Calquera material distinto de:
    • Envases de plástico, latas e bricks
    • Envases de vidro
    • Papel e cartón limpos
    • Pilas

A xestión da bolsa negra comeza coa recollida dos contedores xenéricos, destinados a acoller a fracción resto. Esta recollida é competencia municipal e, xa que logo, son os propios concellos os encargados de transportar estes residuos á correspondente planta de transferencia, onde son trasvasados a contedores de maior capacidade co obxecto de minimizar os custes de transporte ate o Complexo Medioambiental de Cerceda.

O transporte realízase por diferentes vías, segundo as posibilidades dispoñibles en cada caso, utilizando a estrada ou ben o ferrocarril.

Cando estes residuos chegan ao Complexo Medioambiental de Cerceda, son descargados na Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible, onde, tras separar a parte reciclable, que é remitida aos recicladores, acondiciónase co resto un Combustible Derivado de Residuos (CDR), que alimenta unha Planta Termoeléctrica para xerar enerxía eléctrica suficiente coa que abastecer o 12% dos fogares galegos.

AnexoTamaño
PDF icon O Camiño da bolsa negra [pdf]458.5 KB