Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Complexo Medioambiental de Cerceda

Print this pagePrint this pagePrint this page

Situado na localidade de Cerceda, na provincia da Coruña, constitúe o punto ao redor do cal xira a actividade industrial de Sogama. Nel procédese á separación dos materiais reciclables depositados na bolsa amarela, facilitando a súa entrega aos recicladores, e realízase a valorización enerxética da fracción non reciclable da bolsa negra.

Construído sobre unha superficie de 665.000 metros cadrados e cunha capacidade nominal para tratar entre 500.000 e 550.000 toneladas de residuos anuais, consta dunha serie de plantas, cada unha delas cun cometido específico, que encadean de forma coherente todas as actividades do proceso global.

Neste Complexo, que se complementa coa actividade do vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa, efectúanse as operacións de tratamento dunha gran parte dos residuos xerados en Galicia.

Na Planta de Clasificación recíbese o material correspondente á bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks) e procédese á súa separación por tipoloxías, sendo remitido ás empresas recicladoras.

A bolsa negra (que acolle a fracción resto) descárgase nos foxos de recepción da Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible, onde é sometida  a un proceso de preparación e acondicionamento para obter un Combustible Derivado de Residuos (CDR) estabilizado que alimenta a Planta Termoeléctrica para producir enerxía eléctrica.

A Planta de Coxeración participa no proceso subministrando a calor necesaria para a fase de secado do proceso de preparación do CDR.

O Complexo Medioambiental está dotado de importantes medidas de protección ambiental que garanten o cumprimento de toda a normativa aplicable. Entre elas pódense subliñar:

  • Sistema de depuración de gases semiseco con adición de cal hidratada e carbón activo. Nun reactor prodúcese a neutralización dos compostos contaminantes para, a continuación, ser retidos nos filtros de mangas.
  • Depuración de augas nun tratamento biolóxico e fisicoquímico de coagulación-floculación.

 

 

 

 

 

Ver principais instalacións