Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Planta de compostaxe industrial

Print this pagePrint this page

Ubicada no recinto do vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cerceda-A Coruña), contará cunha capacidade para procesar 15.000 toneladas anuais de materia orgánica procedente dos concellos limítrofes, producindo entre 3.000 e 4.000 toneladas de compost de boa calidade.

Unha vez que os materiais chegan á planta, sepáranse mecanicamente os elementos susceptibles de ser reciclados e introdúcese a materia orgánica en pilas pechadas ás que se inxecta aire durante un período de entre 6 e 8 semanas, facilitando con isto a súa fermentación e posterior transformación en “compost primario”.

Transcorrido este tempo, o material trasládase  a outras pilas con volteo e axitación de aire, adentrándose na fase de maduración, que dura entre 6 e 10 semanas, dependendo de factores tales como a temperatura e a humidade.

O circuíto conclúe co afine final, onde se retiran elementos impropios, acondicionando tres tipos de produtos: o rexeitamento, que non é compost e que se valorizará material ou enerxeticamente; o compost de nivel 1, con estrutura grosa; e o compost de nivel óptimo, con estrutura fina, utilizando ambos como enmenda orgánica con interesantes propiedades para a protección de solos agrícolas.