Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Principais instalacións

Print this pagePrint this pagePrint this page

Instalacions SOGAMA

  1. Planta de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS). Na mesma procésase a denominada bolsa amarela, é dicir, os envases de plástico, latas e briks recollidos de forma separada a través dos contedores amarelos. Mediante sistemas automáticos (electroimáns, correntes de Foucault, campás aspiradoras e lectores ópticos), os materiais clasifícanse por tipoloxías, prénsanse e embálanse para ser remitidos aos centros recicladores, onde se converten en novos produtos.

  2. Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE). Acolle a primeira fase de tratamento da bolsa negra, ou, o que é o mesmo, o residuo convencional recollido a través dos contedores verdes xenéricos. Tras separar a través duns trómeles a fracción grosa e fina do lixo (superior e inferior a 12 cm), a grosa é triturada nuns muíños de coitelas para reducir o seu tamaño e a fina é introducida nuns secadoiros para diminuír a humidade. Ao longo de ambos procesos, sistemas automáticos permiten separar materiais reciclables tales como o aceiro, o aluminio e o vidro, que son entregados á industria transformadora. Coa parte non reciclable acondiciónase un Combustible Derivado de Residuos (CDR) que logo se utiliza na Planta Termoeléctrica para xerar enerxía.
     
  3. Planta de Coxeneración (PCOG): consta de 6 motores xeradores de electricidade alimentados por gas natural con capacidade para producir 22 MW. A calor residual dos gases de escape aprovéitase para realizar o secado parcial da fracción fina dos refugallos nos secadoiros rotativos da PRTE.
     
  4. Almacén de CDR (Combustible Derivado d Residuos):  alberga o CDR á espera de ser requirido na Planta Termoeléctrica para abastecer as caldeiras.
     
  5. Planta Temoeléctrica (PTE): cunha potencia instalada de 50 MW, está deseñada para utilizar o CDR producido na fase anterior. Consta de dúas caldeiras de leito fluído circulante nas que se pon en contacto unha area en fluidificación a elevada temperatura co CDR para facilitar unha combustión de alta eficiencia. O forno mantense a unha temperatura superior a 850ºC e en presenza dun 6% de osíxeno, co obxecto de asegurar a destrución de dioxinas e furanos. Os gases procedentes da combustión das caldeiras pasan por un sistema de tratamento para a súa depuración. Todos os parámetros atópanse moi por baixo dos límites legais.

 “A partir da fracción non reciclable dos residuos, Sogama produce a enerxía equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos”.