Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Programa de vermicompostaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page

Tras o éxito alcanzado polo seu programa de compostaxe doméstica, Sogama iniciouse no ámbito d vermicompostaxe. Neste caso, as protagonistas do proceso de transformación da materia orgánica en abono natural son as lombrigas de terra, en concreto a “Eisenia Andrei”, a especie máis comunmente utilizada para esta tarefa, toda vez que presenta altas taxas de reprodución, dixestión e adaptabilidade, sendo capaz cada individuo de inxerir diariamente o 90% do seu peso e o excretar en forma de humus o 60% dos restos orgánicos consumidos.

O abono obtido presenta unha gran bioestabilidade, ademais de ser rico en enzimas, acedos húmicos e fúlvicos, microorganismos e fitohormonas, todas elas características físico-químicas que lle outorgan un gran poder agronómico, favorecendo o crecemento vexetal. De feito, este composto mellora a estrutura do solo, contribuíndo a que estea máis esponxoso, a que o desenvolvemento radicular do mesmo sexa máis sinxelo e a que presente unha maior capacidade de retención da humidade, reforzando a súa resistencia fronte a pragas e enfermidades.

Para axilizar a operativa, recoméndase que os materiais a introducir no vermicomposteiro estean previamente triturados, circunstancia que influirá na velocidade coa que as lombrigas efectúen o seu traballo, resultando necesario vixiar igualmente que a capa na que se despositen estea aireada, húmida e cálida para asegurar un correcto desenvolvemento do proceso.

Respecto dos materiais que deben ser depositados no recipiente, cabería destacar os restos vexetais de cociña, de froita, de poda, pousos de café e esterco. Con todo, é preciso ser comedidos no caso do pan, serrín, virutas, cartón, papel e panos sen tintas, cítricos, céspede e cascas de ovo, que serán achegados en pequenas cantidades. E, en ningún caso poden introducirse aceites, carnes, peixes, restos de coníferas, alimentos salgados ou avinagrados, e moito menos plásticos, metais, papel e cartón impresos, e tecidos sintéticos.

O vermicomposteiro doméstico utilizado no programa de Sogama dispón dunha poboación aproximada de 200 lombrigas adultas que consomen aproximadamente 450 gramos diarios de materia orgánica e consta de varios módulos ou caixas para facilitar a continuidade da operativa.

AnexoTamaño
PDF icon Manual de Vermicompostaxe2.98 MB