Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Proxectos

Print this pagePrint this page

O proxecto Res2ValHum “Valorización de residuos orgánicos: produción de sustancias húmicas”, enmarcado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, ten por obxecto promover a compostaxe industrial como ferramenta de xestión de residuos orgánicos, poñendo en valor a utilización do compost resultante en aplicacións diversas, coa conseguinte redución da cantidade de refugallos depositados en vertedoiro.

En todo caso, a pretensión desta iniciativa é transformar os residuos orgánicos en materia prima para a elaboración de fertilizantes biolóxicos de alta calidade e remediación de solos contaminados, ademais doutros posibles usos vinculados á cosmética e accións terapéuticas, xerando produtos de gran valor engadido que poderían abrir a porta igualmente a novas áreas de negocio e emprego.

Sogama, xunto con outros socios de doce países, participou nun proxecto europeo para o desenvolvemento de envases intelixentes e sostibles que poderán atoparse dentro duns anos nos sectores da alimentación, o farmacéutico ou o da cosmética, reunindo unha serie de características tales como o estar desenvolvidos con biomateriais (biodegradables e de orixe renovable), dispoñer de mellores propiedades térmicas, mecánicas e de barreira a través da nanotecnoloxía e revestimentos innovadores que incrementen a vida útil do produto envasado, ademais da súa seguridade e calidade, ser fabricados con procesos produtivos máis flexibles e eficaces, e integrar tecnoloxías e dispositivos para proporcionar información ao consumidor, tanto do produto en si como de todo o ciclo de vida do envase.

As escouras producidas no leito do forno da Planta Termoeléctrica de Sogama, localizada no Complexo Medioambiental de Cerceda, e onde se leva a cabo a recuperación enerxética da parte non susceptible de reciclaxe dos residuos para transformación en enerxía eléctrica, son obxecto dun proxecto de investigación que estuda e analiza a súa valorización como materiais de construción.