Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recíclate con Sogama 2019-2020

Print this pagePrint this pagePrint this page

"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe. Para facilitar esta tarefa, los centros dispoñen dunha pequena infraestrutura aportada por Sogama denominada "Illa de Reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para  latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable.

Aqueles centros que contan con servizo de comedor, subminístrasellees igualmente un composteiro para otratamiento da materia orgánica xerada, permitíndolles así obter un abono de alta calidade que poden empresgar nas súas hortas e xardíns. Con isto teñen a oportunidade de pechar eociclo de recuperación e reciclaxe dos restos orgánicos, evitando o depósito dos mesmos nos contedores verdes convencionais.

O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de ser parte activa na mellor xestión dos refugallos producidos no ámbito escolar, actúe como axente dinamizador das boas prácticas ambientais a instaurar na súa contorna familiar e social, contribuíndo deste xeito a incrementar as taxas de reciclado  en Galicia y, polo tanto, os beneficios asociados, tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico (diminución dos custes para os concellos).

O programa, que alcanza a oitava edición, abarca o curso académico 2019-2020 e diríxese a 25 centros escolares (públicos e concertados) de Educación Primaria.

Os recursos empregados na formación e sensibilización do público destinatario tradúcense en sesións informativas e formativas presenciais a cargo de educadores especializados, cursos de formación online orientados aos docentes,  guías didácticas, presentaciións, vídeos,  xogos, convocatoria de premios, etc.

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Ficha técnica do programa Recíclate con Sogama 2019-2020: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6220