Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Recursos Educativos

Print this pagePrint this page

ESPAZOS EDUCATIVOS NA RADIO

Ecovoz

É un espazo radiofónico emitido pola cadea Radio Voz para toda Galicia a través do cal se intenta educar á poboación nos valores de respecto e compromiso coa protección do medio ambiente, mellorando o noso benestar e a nosa calidade de vida, e contribuíndo ao desenvolvemento sustentable.

Aínda que se dirixe a todo tipo de público, dende amas de casa ate empresarios, docentes, universitarios, profesionais do sector e consumidores en xeral, incide especialmente na comunidade educativa, valéndose para isto dun concurso escolar no que colexios de 6º de Primaria de distintos puntos de Galicia compiten en coñecementos sobre medio ambiente.

Ver programas

 

Galicia al natural

Programa emitido por Radio Líder para toda a Comunidade e que, semanalmente, aborda distintas temáticas vinculadas co medio ambiente en xeral, incidindo na xestión dos residuos urbanos.

Entrevistas a expertos, estudosos, políticos e profesionais do sector complementan a información proporcionada, incluíndo igualmente noticias de actualidade na materia. 

Ver programas