SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Saúdo do Presidente

Print this pagePrint this page

En nome da Sociedade Galega do Medio Ambiente, quixera darche o miña máis cálida benvida a esta páxina web e invitarte a navegar polos seus recunchos para descubrir todas as facetas desta empresa pública que, na actualidade, presta servizo a 295 concellos, xestionando cada día, e desde a máxima sostibilidade, os refugallos producidos por máis de 2.242.000 persoas. Unha tarefa á que se dedica, co máximo rigor e empeño, un sólido e multidisciplinar equipo de profesionais.

Transcorridos máis de 25 anos desde a creación de Sogama, e pechada unha primeira etapa de actividade na que, grazas ao labor desta entidade,  posibilitouse o selado e clausura dos centos de vertedoiros municipais que asolaban Galicia no último tramo do século pasado, e que non cumprían coas mínimas condicións de seguridade e control, adentrámonos nunha nova fase na que estamos construíndo, coa maior ilusión, os cimentos do futuro, sendo a nosa prioridade engrandecer os principios que sempre sustentaron a nosa cultura empresarial: a Redución, a Reutilización e a Reciclaxe, que complementamos coa Recuperación Enerxética da fracción non reciclable para evitar ou minimizar o uso do vertedoiro, a opción menos desexable polo seu negativo impacto sobre a contorna e a saúde.

E neste escenario emerxe e toma forma o proxecto de ampliación do Complexo Medioambiental de Cerceda, que xa conta cunha nova planta para a recuperación dos materiais contidos no lixo convencional. Innovación tecnolóxica e industria 4.0 constitúen a perfecta combinación dunha instalación punteira que permite seleccionar de forma automática ata 11 tipoloxías de residuos para remitir á industria recicladora. Trala remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, labor no que nos atopamos inmersos nestes momentos, Sogama pasará a ser a infraestrutura das súas características máis moderna e eficiente de Europa, ademais de punto de referencia para o resto do mundo.

Este conxunto de melloras, ás que se suma un ambicioso plan de acción no ámbito da compostaxe, tanto na súa modalidade industrial como doméstica, así como o despregue de diversas iniciativas educativas e sociais orientadas a lograr unha maior colaboración da poboación na xestión dos residuos, constitúe o prólogo dunha folla de ruta que dará comezo cunha maior reciclaxe e un menor vertido, chegando en 2020 ao vertido técnico cero, e que nos sitúa no CAMIÑO DA SOSTIBILIDADE cun horizonte claramente definido: a economía circular.

Javier Domínguez Lino

Presidente de Sogama