Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Semana Europea da Prevención de Residuos 2018 - 17 a 25 de Novembro

Print this pagePrint this page

Sogama participa na Semana Europea da Prevención de Residuos (do 17 ao 25 de novembro de 2018) coa campaña “Reducir para sumar”. Na mesma intégrase un paquete de accións para traballar a redución de residuos en diferentes escenarios e con distintos públicos. É o caso da edición do libro de receitas de cociña con sobras de comida aportadas polo centro penitenciario de Monterroso (Lugo) e bautizado co título “Saboroso reciclaxe, así como a publicación dun manual de boas prácticas orientado á poboación en xeral a fin de que esta introduza a sostibilidade na xestión dos seus refugallos.

De forma complementaria, educadores ao servizo da Sociedade impartirán charlas, informativas e formativas, en concellos próximos ao complexo medioambiental da compañía, isto é, Cerceda, Arteixo, Carballo, Laracha e Ordes, estando orientadas a diferentes colectivos. Adicionalmente, tamén remitiu aos centros escolares de infantil e primaria destas localidades unha tirada de libros medioambientais protagonizados por Os Bolechas, ademais doutra dun conto infantil editado conxuntamente con Ecovidrio.

Recetario