Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Vertedoiro de Residuos Non Perigosos de Areosa

Print this pagePrint this page

Localizado nunha vaguada da cunca de achega do río Lengüelle, o vertedoiro controlado de Sogama en Areosa (Cerceda) comeza a súa actividade no ano 1996, co obxecto de ser utilizado para o depósito de residuos non perigosos.

Dado que o  Complexo Medioambiental está preparado para tratar entre 500.000 e 550.000 toneladas anuais, e a Sociedade ven recibindo máis de 800.000, o vertedoiro converteuse nun elemento complementario da actividade do Complexo.

O Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020 permitirá desconxestionar as instalacións de Sogama coa creación de novas infraestruturas en distintos puntos da Comunidade.

 

Características da instalación

O vertedoiro conta actualmente cunha superficie de 47 hectáreas.

Na zona noroeste do recinto ubícase a planta de valorización de biogás, mentres que na zona sur encóntranse as balsas de recollida de lixiviados, de seguridade e pluviais, eas instalacións da planta depuradora.

Sistema de impermeabilización

Os residuos dispóñense no correspondente vaso vertido para ser compactados in situ coa maquinaria específica (“Pata de cabra”). O fondo dos vasos de vertido está dotado dun sistema de impermeabilización que evita o contacto dos residuos co  solo. Consta dos seguintes elementos:

Residuos
Xeotéxtil 200 g/m2
Capa de grava (con rede de drenaxe de lixiviados)  50 cm
Xeotéxtil  380 g/m2
Lámina de PEAD lisa  2 mm
Lámina de bentonita  5.000 g/m2
Gabias de alivio de presión de augas subterráneas 
Terreo natural 

A colocación de diferentes capas illantes imposibilita que se filtrena través do solo as lixiviacións xeradas por distintas causas:

  • Interacción da auga superficial infiltrada sobre o residuo sólido.
  • A propia dinámica de descomposición do residuo.

Para a captación e evacuación de lixiviacións disponse dunha capa de drenaxe que, situada sobre a impermeabilización, está constituída por 50 cm de grava. A drenaxe complétase cunha rede de tubaxe de polietileno de alta densidade  (PEAD) que desemboca nunha balsa de 2.000 m3 para o almacenamento de lixiviados, pasando logo á planta de depuración.

Depuración de augas

Respecto das augas pluviais, son recollidas pola rede executada para tal fin e conducidas a unha arqueta na que se unen ao permeado da planta depuradora e son vertidas ao regato de Areosa, que desemboca no río Lengüelle.

En relación aos lixiviados, o sistema definido para o seu tratamento consiste nunha rede de recollida formada por unha serie de gabias de drenaxe e tres plantas depuradoras por osmose inversa, onde se leva a cabo a separación a través de membranas impulsadas por presión, invertindo o proceso natural de osmose e aplicando unha diferenza de presión transmembranal, separando o fluxo en dúas correntes.

Evacuación de gases

Debido á acción das bacterias anaerobias, os residuos urbanos depositados sofren unha degradación fisicoquímica e biolóxica, xerando subprodutos. As substancias orgánicas sintetízanse por efecto destas fermentacións e os metais son oxidados.

No proceso anaerobio prodúcese anhídrido carbónico e gas metano, dando lugar a un combustible (biogás) que se extrae a través de chemineas de desgasificación formadas por un pozo recheo de grava en cuxo centro se dispón unha tubaxe de drenaxe de gases, de PEAD. O biogás extraído aprovéitase en 3 motores cunha potencia instalada de 2,2 MW.