Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Xogos interactivos escolares

Print this pagePrint this page
Xogo de Asociar (3 a 6 anos): diríxese aos escolares de Educación Infantil, capacitándoos para que logren identificar os distintos tipos de residuos cos correspondentes contedores de destino.
Xogo de Secuencias (6 a 12 anos): oriéntase aos alumnos de Educación Primaria coa pretensión de que estes logren interiorizar o circuito que os refugallos deben percorer dende que se producen ata que son reciclados ou valorizados enerxeticamente no complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda (A Coruña).
Xogo de Toma de Decisións (12 a 16 anos): o seu público obxectivo son os estudantes de Educación Secundaria e a súa fin non é outra que promover a reflexión dos mozos e mozas en torno aos hábitos de consumo e compras responsables, decidindo que debe facerse cos residuos xerados e avaliando as consecuencias das súas accións.
Compostaxe doméstica: Experiencia Stop Motion: con este xogo, os usuarios teñen a oportunidade de construir unha historia vinculada á compostaxe doméstico e elaborar o seu propio vídeo, utilizando para isto os recursos ofertados (elementos, obxectos, personaxes e situación que formarán parte do mesmo). O obxectivo último da aplicación é coñecer as vantaxes medioambientais, económicas e sociais da autocompostaxe.
Comer si, tirar non!!!: Campaña promovida por Sogama e orientada a reducir o desperdicio alimentario no fogar. Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados, dando lugar a un problema con serias consecuencias ambientais, económicas e sociais