SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Ángeles Vázquez anima aos concellos a seguir o exemplo de Sta Comba, que implantou o 5º contedor

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Destaca o esforzo e compromiso da corporación local e dos veciños deste concello, que hoxe levará a cabo a súa primeira recollida deste contedor para enviar a materia orgánica á planta de Sogama e elaborar compost de calidade
  • A conselleira confía en que, grazas a pasos como este, Galicia avanzará progresivamente na implantación da quinta fracción e cumprirá antes do 31 de decembro de 2023 con este obxectivo

Santa Comba (A Coruña), 26 de novembro de 2021.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou esta mañá aos concellos galegos a seguir o exemplo de Santa Comba, que implantou o contedor de biorresiduos dous anos antes do prazo marcado por Europa.

Ángeles Vázquez -acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o presidente de Sogama, Javier Domínguez, e a alcaldesa de Santa Comba, Mª Josefa Pose- visitou o expositor de Sogama sobre o contedor marrón para materia orgánica no marco da Semana europea da prevención de residuos, e participou no reparto de parte dos primeiros 2.000 quilos de compost “certificado” producidos na planta de Cerceda.

Indicou que o esforzo deste concello, que tamén iniciaron Carballo, Cerceda, Arteixo e A Laracha, e ao que en breve tamén se sumará Oroso, é a mostra de que Galicia iniciou unha senda na que só dará pasos cara a diante para implantar progresivamente o quinto contedor y cumprir antes do 31 de decembro de 2023 con este obxectivo.

A conselleira recordou que a Xunta non deixará sos aos concellos nesta tarefa, polo que elaborou a Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023, na que se recolle a rede de infraestruturas para poñer en valor estes residuos, formada por 13 plantas de transferencia –de nova creación ou adaptadas-, as plantas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa e a de Cerceda, xa en funcionamento.

De feito, Santa Comba hoxe realizará – a través da empresa Coregal- o primeiro servizo de recollida do contedor marrón, que enviará a Sogama para converter o material orgánico en compost de calidade para usar na agricultura e xardinería; é dicir, poñer en práctica o lema da campaña “o marrón, o contedor que devolve vida”.

Fonte e imaxe: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

26 Nov 2021

Galería