SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

“É Tempo de reciclarse”, un sitio web con interesantes propostas medioambientais para toda a familia

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Promovido por Ecovidrio, o seu obxectivo é que os cidadáns, que deben quedar nas súas casas con motivo da crise orixinada polo COVID-19, poidan incrementar os seus coñecementos medioambientais e, ao mesmo tempo, dispoñan dunha ferramenta de entretemento para toda a familia.
  • A páxina irase nutrindo con actividades específicas para os escolares, vídeos, dopcumentais, xogos e información específica sobre o sector dos residuos, especialmente sobre a reciclaxe do vidro.

Cerceda, a 24 de marzo de 2020.- Dado o excepcional momento no que nos atopamos como consecuencia da crise sanitaria orixinada polo COVID-19, Ecovidrio lanzou unha páxina web www.tiempodereciclarse.es na que se recollen interesantes propostas educativas e divulgativas para maiores e pequenos.

Con esta iniciativa preténdese que os cidadáns, confinados nas súas casas, poidan incrementar os seus coñecementos medioambientais e, ao mesmo tempo, dispoñan dunha ferramenta de entretemento para toda a familia.

O sitio web nútrese con actividades específicas para os escolares, vídeos, documentais, bailes de cantaxogos, xogos de misterios, pero tamén con información específica sobre o sector dos residuos e, máis específicamente, sobre un material 100% reciclable como é o vidro, que responde perfectamente ao concepto de economía circular.

Esta ferramenta irase enriquecendo progresivamente con novos contidos, como é o caso de videoxogos de aventuras relacionados coa reciclaxe de envases de vidro e retos que involucran a todos os membros da unidade familiar.

O pasado ano recolléronse de forma selectiva 896.450 toneladas de residuos de envases de vidro, o que supón unha media de 19 kilogramos por habitante e 66 envases por persoa, cifra que representa un incremento do 30% nos últimos cinco anos.

A ratio dos iglús de vidro en España é de 1 por cada 204 habitantes, un dos mellores datos a nivel europeo. Actualmente, un total de 230.950 iglús están a disposición da cidadanía.

Dentro do seu Plan Estratéxico, Ecovidrio propúxose reciclar o 85% dos envases de vidro en 2025 a fin de converter ao noso país nun referente en materia de reciclaxe e sostibilidade. 

Fonte: Ecoticias

Imaxe: www.tiempodereciclarse.es

24 Mar 2020

Galería